Hai
meses, o PSdG presentou no Parlamento de Galicia unha “Proposición
de Lei
pola visibilización e non discriminación das persoas LGTB en
Galicia”.
Esta lei foi debatida e emendada
polos diferentes Grupos Parlamentarios, incluído o Grupo
Parlamentario do Partido Popular, con maioría no Parlamento.
Tras
a creba parlamentaria á que se someteu esta proposta, na que o PP
colaborou con emendas de SUPRESIÓN na súa maioría, o resultado é
unha LEI BALEIRADA DE CONTIDOS cun nome que induce a engano que se
converterá nun documento propagandístico para o PP. A modificación
parlamentaria transforma o proxecto inicial que avanzaba na
protección e garantías non discriminatorias para o colectivo e que
foi feito desde o diálogo coas asociacións LGTBI nunha lei
“cortina” que non implica ningún avance real nos dereitos das
persoas LGTBI. Unha lei esperada e esixida polos colectivos LTGBI moi
específica nun principio déixanos, tras as emendas aprobadas, un
horizonte carente garantías, de protección, de medidas específicas
para visibilizar a diversidade afectivo-sexual, etc.
Pode
resultar rechamante que hoxe
non apoiemos esta proposta de lei,
pero queremos denunciar que este articulado É UNHA FARSA, un
completo engano no que nos quere meter o PP co seu dobre xogo:
votando a favor dunha lei aparentemente igualitaria á que
previamente privaron de calquera efectividade real/práctica
introducindo modificacións como as seguintes:
- Suprímese o art. 3 de definición das categorías que son obxecto da proposta de lei (orientación sexual, identidade de xénero, sexo, xénero, lesbiana…).
- Elimínase o art. 6 sobre inversión da carga da proba, que obriga a quen discrimina a probar que non discrimina.
- Desaparece o art. 14 de creación de protocolos de actuación ante agresións.
- Óbviase o Título III sobre o réxime sancionador, con esta eliminación aínda que se dean agresións ou actitudes LGTBIfóbicas non serán sancionadas.
- Elimínase o art. 11 no que se establecen medidas específicas para o tratamento nos Centros Penitenciarios, fundamentais no tratamento das persoas transexuais.
- Evítanse referencias explícitas a articular pola igualdade de diversidade afectivo-sexual ou LGTBI, diluíndose a especificidade LGTBI no ámbito da igualdade xeral e invisibilizando ao colectivo dentro da súa propia lei.
- Omítese deliberadamente calquera tipo de compromiso que obrigue á Xunta de Galicia a establecer medidas concretas como a creación de servizos de información, a creación dun observatorio, realización de protocolos, etc, quedando todo o articulado nunha simple e non comprometedora declaracións de intencións e recomendacións pola igualdade.
En
pleno século XXI, en Galicia as persoas LGTBI son vítimas de
discriminación, crimes de odio, de invisbilización sistemática en
educación, sanidade, emprego ou nas diferentes administracións
públicas (policía, rexistro civíl, centros penitenciarios...)
acentuándose isto en contornos rurais.
As obrigas legais que os Estados teñen para
protexer as persoas LGTBI fronte a estas situacións, non son
diferentes das que poidan ter outros colectivos. Débese garantir o
cumprimento dos Dereitos Humanos para todas as persoas procurándolles
protección nos casos de discriminación, abuso ou violencia. Para
chegar a este cumprimento ten que haber leis concretas para
colectivos específicos, debe existir unha lei de visibilidade e
non discriminación que aborde as necesidades dun colectivo como
é o LGTBI, ata o de agora desprotexido.
Organismos, asociacións e activistas pola defensa dos Dereitos das
persoas LGTBI:
Queremos DENUNCIAR PÚBLICAMENTE a violencia institucional á que as persoas LGTBI nos vemos sometidas co que agora se chama “Proposición de Lei pola Igualdade de Trato e Non Discriminación de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais en Galicia”. Unha proposta de lei cun nome enganoso que invisibiliza e desprotexe os dereitos do colectivo LGTBI con unhas falsas medidas políticas, lexislativas ou xudiciais, que pretenden empregar os partidos políticos como moeda de cambio para captar votos e “abandeirarse” na loita pola igualdade aprobando unha proposta BALEIRA DE CONTIDOS que deixaría as persoas LGTBI nun limbo legal cunha lexislación que nada lexisla.
Queremos DENUNCIAR PÚBLICAMENTE a violencia institucional á que as persoas LGTBI nos vemos sometidas co que agora se chama “Proposición de Lei pola Igualdade de Trato e Non Discriminación de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais en Galicia”. Unha proposta de lei cun nome enganoso que invisibiliza e desprotexe os dereitos do colectivo LGTBI con unhas falsas medidas políticas, lexislativas ou xudiciais, que pretenden empregar os partidos políticos como moeda de cambio para captar votos e “abandeirarse” na loita pola igualdade aprobando unha proposta BALEIRA DE CONTIDOS que deixaría as persoas LGTBI nun limbo legal cunha lexislación que nada lexisla.
ESIXIMOS
a implicación de toda a sociedade, e en especial
dos partidos políticos galegos,
cun COMPROMISO REAL E EFECTIVO COS VALORES DE IGUALDADE E NON
DISCRIMINACIÓN ante a aprobación desta FALSA
LEXISLACIÓN POLA VISIBILIDADE E NON DISCRIMINACIÓN LGTBI
recordándolles
que votar a favor da súa
aprobación é contribuír a pexar o AVANCE REAL EN MATERIA DOS
NOSOS DEREITOS. INSTAMOS
a que os partidos políticos da oposición NON
SEXAN CÓMPLICES DESTA PANTOMIMA.
POR TODO O
EXPOSTO ATA O MOMENTO,
AS
ORGANIZACIÓNS E PERSOAS ABAIXO FIRMANTES consideramos
imprescindible mostrar a nosa unión e posicionamento en contra da
manipulación á que o colectivo LGTBI se ve sometido coa aprobación
desta proposta de lei por parte do Goberno e dos partidos políticos
que pretendan apoiala.
ESIXIMOS
un compromiso real ante a loita contra a LGTBIfobia e pola
igualdade social que se traduza en medidas lexislativas,
políticas e administrativas con repercusións REAIS na sociedade.
REIVINDICAMOS
o dereito de sermos escoitadas e escoitados e tidos en conta á
hora de lexislar CO pobo e non só PARA o pobo.
E
EXHORTAMOS aos grupos da oposición do
Parlamento de Galicia, que NON VOTEN a
favor desta “proposta de lei pantasma” da que o Partido Popular
se apropiou e transformou en mero papel mollado.
“Só
o Partido Popular
podería invisibilizar cunha lei de visibilidade.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario